Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela quere ser “a horta” de Vigo

RR_Noticias

O municipio vai poñer en marcha o Obradoiro “Emprega Verde”, no que formarán a desempregados en Agricultura Ecolóxica. O carácter rural de moitas parroquias de Redondela e o feito de estar tan próximos a Vigo supón para o Concello unha gran oportunidade de negocio coa creación de cooperativas ou asociacións que se dediquen a cultivar e comercializar produtos ecolóxicos.

A xunta concedeu a Redondela, a través da Consellería de Traballo e Benestar, unha subvención por importe de máis de 200.000 euros, un obradoiro de emprego no que participarán 22 persoas, das que 13 se especializarán en Agricultura Ecolóxica e outras 9 en Dinamización cultural e Tempo Libre. A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Alonso, explica que o obradoiro terá como obxectivo “ofrecer opcións de autoemprego” a partir dos propios recursos endóxenos e do patrimonio cultural do municipio. Coa especialidade de agricultura ecolóxica tentarán impulsar a creación dunha cooperativa ou empresa agrícola, aproveitando os coñecementos que poderán adquirir os participantes neste módulo. Alonso entende que a situación xeográfica de Redondela e o carácter rural de moitas das súas parroquias poden favorecer a comercialización dos seus produtos en áreas urbanas próximas, como Vigo. Ademáis permitirá recuperar as instalacións de Pousadouro mediante a plantación de diferentes cultivos, coa finalidade de que os produtos que se obteñan durante este obradoiro, sexan doados a familias sen recursos do municipio ou entidades sociais. Dinamización Cultural e Tempo Libre Os alumnos da especialidade formativa de Dinamización cultural e Tempo libre aprenderán todos e cada uns dos pasos necesarios para levar a cabo proxectos de dinamización cultural mediante a elaboración dun programa cultural dirixido a entidades sen ánimo de lucro. O seu obxectivo é divulgar o patrimonio cultural da enseada de San Simón, promovendo os seus puntos máis destacados con visitas ao museo Meirande e a Illa, por parte de Asociacións sen ánimo de lucro, Centros de Maiores ou alumnos dos centros de ensino. As actividades de Tempo libre será a través do contacto cos colexios que se van beneficiar deste proxecto, así como mediante a elaboración dun programa educativo e cultural para nenos comprendidos en idades entre 3 e 12 anos do municipio de Redondela, mediante a creación e desenvolvemento de Aulas Madruga, comedores, Contacontos en galego e obradoiros no Nadal.  

Ana Alonso concelleira de Emprego
O obradoiro de formación sobre agricultura permitirá crear cooperativas.
Situación estratéxica
A siuación xeográfica de Redondela permítelle comercializar os seus produtos nos mercados de Vigo e Ponevedra.
Dinamización Cultural
O programa de formación permitirá poñer en valor o patrimonio de San Simón e o litoral redondelán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará