Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo municipal do BNG pregunta ó goberno local polo atraso na apertura do Centro de Día

RR_Noticias

Co gallo da visita a Redondela da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o grupo municipal do BNG vén de solicitar por escrito ó goberno local información sobre a posta en marcha destas instalacións, que acumulan un atraso de dous anos.

A Conselleira visitou Redondela o pasado martes en Redondela para asinar un convenio de colaboración con Aldeas Infantiles, acto no que estivo acompañada, entre outras autoridades, polo alcalde redondelán Javier Bas, e a concelleira de Servizos Sociais. Desde o Bloque lembran que o Centro de Día de Cesantes, que depende da Conselleria de Benestar, leva un atraso de dous anos, polo que exista “unha grande preocupación”, ao tratarse dun servizo “moi necesario”. Cecilia Pérez Orge, concelleira nacionalista, vén de solicitar información ó Concello para saber se nese encontro o goberno local acadou “un compromiso en firme” por parte de Beatriz Mato sobre a data de apertura das instalacións do Centro de Dia de Cesantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará