Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Imprenta, símbolo do comercio tradicional redondelán

RR_Noticias

“A Semana do teu comercio”, campaña que está a realizar a Dirección Xeral de Comercio por toda Galicia, vén de recoñecer a historia da Librería A Imprenta de Redondela. Os irmáns Concha e Dositeo Pérez Reboredo, rexentan actualmente o negocio, que comezaran o seu avó e continuou seu pai Amador. A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, fíxolles entrega do diploma en recoñecemento á súa traxectoria como o establecemento máis antigo dos que forman parte da Asociación de Empresarios.

Nos anos 50, con apenas 12 anos, Concha xa axudaba ao seu pai neste negocio e posteriormente incorporouse ao negocio familiar Dositeo, pero a historia comeza moito antes. Don Dositeo Pérez, avó dos actuais propietarios, e o seu irmán foron os fundadores da primeira imprenta de Redondela a finais do século XIX. O seu fillo Don Amador Pérez, pai dos actuais propietarios, deu continuidade ao negocio familiar ampliando o negocio cunha papelería, así no mesmo local tiña unha parte dedicada a librería-papelería e noutra a imprenta. Papelería e imprenta complementábanse xa que a propia imprenta editaba libros contables, copiados de cartas, escrituras de ventas e outros moitos documentos que se vendía na papelería. O negocio mantén o carácter familiar e o trato directo cos clientes, e a súa oferta de produtos é moi variada: desde os libros de texto ata os artigos de Primeira Comuñón, pasando por xoguetes educativos, material escolar, un amplo surtido de papelería e agasallos e complementos de Entroido, entre outras moitas cousas. Levan máis de seis décadas ofrecendo o seu servizo ós veciños de Redondela, e a continuidade do negocio está garantida con Dositeo “fillo”, que leva xa 15 anos traballando no comercio.  

Sol Vázquez directora de Comercio
A Xunta recoñece a traxectoria dos negocios máis antigos dos centros comerciais abertos de cada vila.
Concha e Dositeo Pérez
Estes irmáns continúan co negocio familiar que agora ofrece moitos produtos ós seus clientes.
Dositeo fillo
A continuidade do negocio familiar está garantida coas novas xeracións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará