Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela amplía o saneamento na parroquia de Chapela

RR_Noticias

Na sesión plenaria celebrada o martes aprobouse a proposta do goberno local para a modificación de crédito que permitirá levar acabo varias obras na parroquia de Chapela. Os traballos inclúen a ampliación do saneamento e a separación das augas pluviais das fecais, e tamén o asfaltado integral de Penisal, Igrexa e Formiga, obras valoradas en 449.404 euros.

O goberno local explicou que as obras que se van a levar acabo son as de nova rede de saneamento e pluviais en Camiño da Igrexa, ampliación de abastecemento e saneamento en Penisal. O mal estado no que se atopaba a rede de saneamento existente, xa que non había separación de fecais e pluviais, provocaba que en época de chuvias as canalizacións rebentasen na zona, coas conseguintes inundacións. Por este motivo o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, propuxo que se incluíse a separación en dúas canalizacións das augas fecais e pluviais, e o cambio das tuberías de abastecemento, xa que a canalización é de fibrocemento e non dispón de capacidade suficiente. Nesta obra inclúese o asfaltado integral de toda a zona.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará