Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Benestar colabora con Aldeas Infantiles en Redondela para favorecer acollementos de menores

RR_Noticias

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada do Alcalde de Redondela Javier Bas Corugeira, asinou un convenio de colaboración coa presidenta desta organización en Galicia, Rosa Freire, para o desenvolvemento deste programa piloto. O obxectivo do acordo, no que a Xunta inviste 30.000 euros, é proporcionar ás familias e aos menores que o precisen acompañamento e asesoramento de profesionais.

Beatriz Mato, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, asinou onte en Redondela un convenio de colaboración coa presidenta de Aldeas Infantiles en Galicia, Rosa Freire, para o desenvolvemento dun programa piloto de apoio ao acollemento de menores en familia extensa, isto é, o que se realiza por parte de familiares distintos aos pais. A titular de Benestar destacou que nunha situación temporal na que os menores están afastados dos seus pais, o acollemento familiar constitúe “a mellor alternativa posible” ao ofrecerlles a posibilidade de vivir nun fogar e cunha familia evitando o internamento nun centro residencial. Neste senso existen dúas modalidades: acollemento en familia allea, sen relación de parentesco cos nenos; e en familia extensa. A primeira fórmula enmárcase no programa de acollemento familiar que a Consellería desenvolve en colaboración con Cruz Vermella. Unha iniciativa que se leva a cabo desde 1995 e que en 2012 contou con máis de 230 menores como beneficiarios. Para dar resposta á segunda modalidade, ao acollemento en familia extensa, asinouse este convenio con Aldeas Infantiles. Beatriz Mato salientou que en 2012 esta fórmula supuxo o 85% dos acollementos totais que tiveron lugar en Galicia, se ben estas familias tamén poden presentar problemas ou dificultades que requiren da intervención individualizada dun profesional e aos que se pretende dar resposta con este programa, ao que o departamento autonómico destinará 30.000 euros. En concreto, tratarase de facilitar a información, o acompañamento e o asesoramento ás familias e aos menores; proporcionar os recursos necesarios para favorecer un entorno afectuoso e seguro para os nenos; e promover a mediación na relación cos pais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará