Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranxo de camiños, canalizacións e expropiacións, principais queixas dos afectados polo AVE

RR_Noticias

O Concello reclamará a Fomento os danos producidos polas obras do AVE motivo polo que fan un chamamento a todos os afectados para que durante o mes de agosto presenten no Rexistro as súas queixas ou problemáticas concretas relacionadas coas obras do tren de Alta Velocidade.

Coa documentación recibida elaborarase un dossier que será trasladado ao Ministerio de Fomento para que tome coñecemento das queixas veciñas e lles dea solución. O Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros, lembra que xa se fixo un primeiro informe logo de manter reunións con Asociaciósn das parroquias afectadas como Santo Estevo, Cesantes e Reboreda. Nesas xuntanzas recompiláronse as queixas veciñais que fan referencia principalmente ás expropiacións e recepción das fincas, ás canalizacións de augas, a pozos e fontes que secaron por mor das obras e do mal estado no que quedaron algúns camiños ou accesos a vivendas. Con todo, para que ningún veciños quede sen presentar a reclamación correspondente, dende o Concello informan que teñen de prazo ata finais de agosto para presentar un escrito, ben a través das Asociacións das súas parroquias ou ben directamente no Rexistro do Concello, no que se detalle a reclamación correspondente e que estará dirixido ao departamento de medio ambiente co asunto referenciado “reclamación obras do AVE”. Para resolver calquera dúbida os afectados poden poñerse en contacto con este departamento no 986 400300 ou ben por correo electrónico medioambiente@redondela.es  

MIguel Angel Alvarez edil de Medio Ambiente
O Concelleiro explica cal é proceso de reclamación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará