Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A concellería de Participación Cidadá reabre o local de ensaio

RR_Noticias

O Concello de Redondela, a través do departamento de Participación Cidadá que dirixe a concelleira Erminda Quelle, vén de comunicar a reapertura do local de ensaio da Avenida Mendiño. Para facelo posible foi necesario que o departamento de vías e obras do Concello realizarse uns arranxos que tiveron un custe aproximado duns 5.000 euros.

Os traballos consistiron en reparar os danos no teito por filtracións de humidade, ademais dos actos de vandalismo que se produciron nos últimos meses, o que supuxo o seu peche inmediato para evitar accidentes nas persoas usuarias. Despois de varios meses de obras, nas que se colocou un teito novo e se puxeron tamén portas novas ademais de pintar o interior, procédese agora á reapertura do local, que na actualidade é utilizado por vinte grupos musicais da localidade de diferentes estilos, que van dende o rock ata a música tradicional.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará