Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos celebra o Festival Folk no Río

RR_Noticias

A praia fluvial de Fornelos de Montes acolle este sábado o seu festival de música folk cunha celebración que durará todo o día e na que non faltarán o polbo e o churrasco nas carballeiras da contorna do río. A partires das 22.00 horas o concerto folk comezará co grupo de gaitas do Concello e a actuación dos grupos Algarabía e Ardentía.

Esta celebración, que ten a particularidade de contar cun escenario que se monta enriba da auga, forma parte das festas maiores do municipio. Este ano celebran a XIV edición do festival e Tano Tamaño, un dos organizadores, explica que está dirixido “a todos os públicos” e que o certame conta con gran aceptación. A próxima semana, os días 9,10 e 11 de agosto, celebrarán as festas patronais de San Lorenzo coa romaría na honra a San Caetano, con romarías, verbenas e actos relixiosos.  

Tano Tamaño organizador
O festival celébrase na praia fluvial de Fornelos.
Festas patronais
As festas continuarán a próxima fin de semana na honra de San Lorenzo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará