Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para adquisición de material escolar

RR_Noticias

As axudas está destinadas a alumnos de 3 a 5 anos que estean matriculados en centros docentes públicos de educación escolar infantil. Subvencionarase a través desta achegas a adquisición de libros e material escolar co obxecto de paliar os gastos que supón para moitas familias con carencias económicas a escolarización dos membros da familia. O concello destina a esta partida 5.000 euros e a solicitude debe presentarse antes do 19 de agosto.

Para poder percibir estas axudas os solicitantes deberán estar empadroados no municipio de Redondela e ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 8.125 euros no caso de familias monoparentais e de 7.500 euros no caso do resto das familias.
As persoas interesadas teñen de prazo ata o 19 de agosto para presentar as súas solicitudes.
O departamento de educación será o encargado da súa tramitación. No caos de concedérselle a axuda se lle entregará un vale co cal poderán os beneficiarios adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla dentro das librerías do Concello de Redondela que se acollan a estas bases e polo importe máximo que figura no documento.
O establecemento receptor dos vales non poderá, en ningún caso, requirirlle á persoa
que lle anticipe o importe do vale.
As axudas concedidas a través desta subvención son compatibles con calquera outra
axuda que poida percibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas,
sempre que as axudas concorrentes non superen o custo dos libros e materiais
subvencionados. Para estes efectos considérase como materiais curriculares, didáctico e
complementario todo o necesario para realizar as actividades que se desenvolven ou
promoven no centro docente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará