Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reclama á Consellería que rectifique e conceda o ciclo de Integración Social a Chapela

RR_Noticias

De xeito unánime todos os grupos políticos do concello de Redondela amosaron a súa disconformidade coa decisión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de negar ao Instituto de Chapela o ciclo formativo de grao superior en integración Social. Neste sentido acordaron no pleno de onte que o alcalde negocie co director xeral de FP a súa implantación no centro, tal e como o veñen demandando dende hai anos dende o propio instituto.

Os grupos da oposición reclaman que se lle conceda este ciclo ao IES de Chapela atendendo á demanda existente entre o alumnado do centro e ao feito de que non exista esta oferta en ningún outro centro público de toda a provincia. Dende o BNG o edil Xoán Carlos González lembraba que “para cursar esta ensinanza nun centro público o alumno ten que desprazarse a Coruña ou a Ourense, xa que na provincia de Pontevedra tan só se imparte en Institutos privados concertados e de marcado caracter relixioso”. Tanto o Bloque como o PSOE presentaron unha moción neste sentido, insistindo ademais en que non sería necesario un gran investimento económico dado que no instituto da parroquia contan coas infraestruturas precisas sen máis necesidade que a dotación dun profesor por curso. Menos belixerante era a concelleira popular Teresa París quen con todo amosaba tamén a súa conformidade coas demandas da oposición por entender que con ese ciclo o centro de Chapela sería un referente en formacións de carácter social e sanitario. Un asunto que ocupou boa parte da sesión plenaria de trámite celebrada onte en Redondela e na que a Concelleira de Participación Cidadá Herminda Quelle se comprometeu a convocar “en breve” os Consellos Parroquiais para debater en que se van investir os 162.257 euros destinados aos orzamentos participativos. Unha partida económica que se inclúe no orzamentos municipais recentemente aprobados e que se investirán atendendo ás demandas veciñais. Por este motivo, serán os colectivos que conforman os consellos parroquiais os que propoñan aqueles proxectos ou actuacións que entende máis interesantes e necesarios para cada unha das parroquias. A edil daba estas explicación logo de que así llelo demandasen dende a Agrupación de Electores, que solicitaban mais información sobre cal vai ser o reparto desta partida e en que tipo de proxectos se vai investir.  

Xoan Carlos González BNG
O nacionalista lembra que non é posible cursar este ciclo en ningún centro público de Pontevedra
Eduardo Reguera PSOE
O socialista critica o tratamento diferencial entre ensino público e privado
Teresa París PP
Os populares demandan tamén ese ciclo para Chapela
Herminda Quelle PP
"En breve" convocaranse os Consellos parroquiais
Alfonso Blanco Pochi AER
A Agrupación de electores solicita información sobre os orzamentos participativos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará