Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Recuncho acolle unha mostra retrospectiva do Artelixo

RR_Noticias

Corrían os anos 90 cando o colectivo Josefá poñía en marcha o Artelixo, unha curiosa iniciativa na que se pedía a participación nos veciños para que, botando man do lixo fixeran obras artísticas que puideran logo ser instaladas nos espazos públicos da vila. Unha exposición recolle agora fotografías, carteis e bocexos das edicións celebradas entre os anos 95 e 98.

Unha mostra que se inaugura hoxe xoves ás 21:00 horas no local o Recuncho na rúa Reveriano Soutullo 15 e que serve ademais para dar o pistoletazo de saída a unha nova edición do Artelixo, recuperado o ano pasado polo colectivo Sen Ghasoil.
Para participar na edición deste ano, que se vai celebrar dende o 26 de agosto ao 6 de setembro, hai que enviar un correo electrónico a artelixoredondela@gmail.com, antes do día 12 de agosto no que se debe incluír un bosquexo da obra, o nome ou alcume do autor, o título da obra e o material co que estará feita (madeira, vidro, ferro, etc). Os participantes deben incluír tamén o lugar onde consideran que debería esta exposto o seu traballo, xa que a organización intentará cumprilo, na medida do posible. As actividades incluirán tamén o Videolixo, coa creación de pequenas curtas ou vídeos caseiros cuxa temática que xirará en torno ao lixo, o Mercalixo, onde dar saída a diferentes obxectos antes de botalos ó lixo, e o Obralixo, onde os máis pequenos poderán crear obras de arte a partir de materiais de refugallo. Nesta edición recupérase tamén o “Parnalixo” un recopilatorio de “poesía lixo” de poetas galegos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará