Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O festival Sinsal San Simón esgota todas as súas entradas con máis dunha semana de antelación

RR_Noticias

1.400 persoas participarán no festival que mantén as súas actuacións en secreto. Un festivla que repite cartel o sábado 27 e o domingo 28 de xullo e que ven de colgar o non hai entradas con 700 persoas por xornada, as máximas permitidas na illa. Nesta edición ofrécense como novidade as Músicas Escondidas.

En Sinsal San Simón 2013 haberá dous escenario principais, o Escenario San Simón Son Estrella Galicia e o Escenario San Antón New Balance. Contarase, un ano máis, cun escenario pequeno para a despedida do público do festival, o Escenario Peirao.
Como novidade ofrecen este ano as Músicas Escondidas, pequenos recitais sorpresa en lugares especiais da illa, en acústico. Haberá unha pausa nos concertos dos escenarios para permitir ao público descubrir a illa e os espectáculos que agochará.
Sinsal San Simón volverá opostar pola comodidade cun servicio de cátering a prezos moi competitivos, e este ano, atendendo ás peticións da edición anterior os asistentes contará tamén cun pequeno servizo de almorzos e café.
En canto ás actuaciósn e grupos participantes, a organización ofrece pistas para xogar ás adiviñas cos nomes que compoñen o cartel. Unhas pistas que se poden seguir na páxina web do festival.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará