Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello reclamará a Fomento os danos producidos polas obras do AVE

RR_Noticias

Durante os meses de xullo e agosto todos os veciños afectados por ditas obras poden presentar as súas queixas ou problemáticas concretas relacionadas coas obras do tren de Alta Velocidade no Rexistro do concello. Coa documentación recibida elaborarase un dossier que será trasladado ao Ministerio de Fomento para que tome coñecemento das mesmas e lles dea solución.

Unha iniciativa aprobada na Comisión de Seguimento das obras do AVE que se reunía o pasado 10 de xullo e na que se acordou elaborar un informe con todos os danos ocasionados nas parroquias como consecuencia das obras do AVE ao seu paso polo noso municipio.
Dende o Concello informan aos veciños que teñen de prazo ata finais de agosto para presentar un escrito, ben a través das Asociacións das súas parroquias ou ben directamente no Rexistro do Concello, no que se detalle a reclamación correspondente e que estará dirixido ao departamento de medio ambiente co asunto referenciado “reclamación obras do AVE”.
Para resolver calquera dúbida os afectados poden poñerse en contacto co neste departamento no 986 400300 ou ben por correo electrónico no enderezo medioambiente@redondela.info
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará