Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O troco como filosofía

RR_Noticias

O Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde celebra este sábado día 20 a 1ª Feira de Cousas da Horta e da Casa. Unha actividade cun dobre obxectivo, por unha banda facilitar aos asistentes o intercambio de obxectos que teñan por casa e que xa non usen malia estaren en bo estado e por outra dar unha saída ao excedente agrícola que moitos produtores locais e pequenos agricultores teñen nesta época do ano.

As persoas interesadas en participar só teñen que levar o seu excedente agrícola ou obxectos que teñan na casa en bo estado (libros, xoguetes, roupa…)  o sábado a partir das 18:30 horas a Chan das Pipas inscribíndose previamente no teléfono 666934347. A feira, contará ademais con diversas actuacións musicais a cargo do grupo de gaitas Aluarado de Vilar, Grupo de Baile de Trasmañó e Grupo de Baile Moderno de Vilar. Así mesmo, haberá explicacións de remedios naturais e vídeos sobre consumo local e responsable a cargo de Siegrun Bischof. Unha iniciativa que pon en marcha o Centro Cultural e que busca fomentar as prácticas de troco e de axuda mutua facilitando un lugar de encontro entre veciños e veciñas. As modalidades de intercambio da feira serán variadas. Quen queira, poderá poñer á venda o seu excedente agrícola e diversos obxectos da casa e, quen o prefira, poderá trocar estes elementos por outros ou por servizos.  

Cruz Cid organización
Explica os motivos que os levan a convocar esta Feira
Excedentes agrícolas
Unha época moi axeitada para este tipo de actividade
Actividades
Haberá charlas e música

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará