Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen Ghasoil promove o consumo no comercio local

RR_Noticias

A praza da Constitución acolle esta tarde ás 20:00 horas un acto de promoción do Consumo no comercio local a cargo do colectivo Sen Ghasoil. Presentarase neste acto diferentes actividades que organiza este colectivo de cara a favorecer que os veciños da vila fagan as súas compras nas tendas de Redondela.

Baixo o lema “Non busques fora, consume no pequeno comercio” Sen Ghasoil quere concienciar aos veciños da importancia de facer as súas compras no pequeno comercio porque, entre outras cousas “favorece o fomento da economía local, axuda a manter e xerar emprego e supón tamén un xesto que inflúe positivamente no medioambiente, xa que evita que empreguemos o coche e, polo tanto,diminúe a contaminación”.
O colectivo ven de dar a coñecer aos gañadores do 1º concurso fotográfico A Redondela dos Porcos. Recibíronse 19 fotos que trataban temáticas diferentes: dende a  foto denuncia que recollía os actos incívicos dos cidadáns así como fotos artísticas.
A imaxe gañadora foi a titulada “Cerdeza” de Kike Martínez seguida polo “Amor entre porcos” de Imelda Barrio. Tania Martínez coa “Festa da Coca” resultou merecedora do terceiro premio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará