Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía alerta da presencia de mulleres que se dedican a roubar a persoas maiores

RR_Noticias

Empregan toda clase de artimañas para facerse con diñeiro e obxectos de valor. En Redondela sábase que xa cometeron aló menos un roubo, sendo a súa vítima unha muller de avanzada idade do centro da vila a quen onte lle terían roubado unha cadea. Desconfíase que son as mesmas mulleres que cometeron días atrás unha vaga de roubos na parroquia viguesa de Cabral e que adoitan empregar un Audi de cor gris.

Entre os métodos empregados para cometer os seus roubos adoitan por exemplo aproveitar unha fin humanitaria como pedir unha axuda económica para discapacitados ou recoller sinaturas. Coa escusa de comprobar se a sinatura é correcta piden o DNI para que a vítima saque a carteira e é cando actúan. Outra táctica empregada por estas dúas mulleres é facerse pasar por mendigas e cando se lles dá una esmola aproveitan para dar un abrazo e furtan a cadea do pescozo. A Policía informa de que soen utilizar un Audi gris, que adoitan ir ben vestidas e que incluso poderían actuar disfrazadas. Apuntan tamén que abordan ás súas vítimas con certa amabilidade e que traballan moi coordinadamente, xa que mentres unha entretén á vítima a outra lle sacas as súas pertenzas.
Tan só se coñece unha vítima no Concello de Redondela, unha muller de avanzada idade que denunciou onte na Policía ter sido vítima dunha muller que lle roubou unha cadea que levaba ao pescozo, aínda que se cre que son as mesmas individuas que días atrás cometeron unha vaga de roubos na parroquia de Cabral en Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará