Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local de Redondela conmemora o seu 150 aniversario

RR_Noticias

Hai século e medio tal día como hoxe comezaba a traballar Juan Ruiz, o primeiro policía local de Redondela. Entraba en nómina o 1 de xullo de 1863 logo de que o servizo fora creado baixo o mandato do alcalde Genaro Borines e durou no cargo tan só catro anos.

Roberto Gil e Gonzalo Amoedo, autores do libro “Arredor de nós : historia da policía local 1863-2003” atoparon este dato logo de moito pescudar no arquivo municipal e no arquivo da Deputación de Pontevedra. Cinco anos de procura que lles serviu para datar o día no que comezou a funcionar un servizo municipal que conta a día de hoxe con 30 efectivos. Era o 1 de xullo de 1863 cando o goberno local presidido polo alcalde Genaro Borines contrataba a Juan Ruiz cun soldo de 1.500 reais anuais. Unha contratación que respondía á necesidade de dotar o concello de Redondela “naquel momento o terceiro máis importante da provincia” segundo declaracións de Roberto Gil dun servizo de seguridade diurno que se completaba en horario nocturno coa labor de dous sereos que percorrían a rúas.  

Roberto Gil policía local
Lembra quen foi o primeiro policía en Redondela Juan Ruiz
Axente de seguridade
Ese era o seu traballo segundo se recollía no propio orzamento municipal
Labor dos sereos
En horario nocturno había duas persoas que se ocupaban da seguridade dos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará