Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican o reducido horario do Plan Concilia

RR_Noticias

O PSOE solicita a comparecencia da Concelleira de Servizos Sociais, Teresa París, para que dea explicacións no pleno do vindeiro xoves do reducido horario do Plan Concilia que durante este mes de xullo se está a desenvolver nas parroquias de Redondela en horario de 9:30 a 13:30 horas. A sesión arrancará ás 20:00 horas.

O PSOE de Redondela solicita a comparecencia da edil para que dea explicacións sobre o motivo de que o campamento que se está a desenvolver durante este mes de xullo sexa completamente de balde cando as actividades que se realizaron durante as vacacións de Semana Santa e que tamén buscaban a conciliación da vida laboral e familiar non tiveron carácter gratuíto. “Non entendemos por qué as familias redondelás tiveron que abonar unha cantidade para poder participar nestas actividades naquela data e non o terán que facer agora” aseguran dende o PSOE quen reclaman ademais explicacións da edil sobre o reducido horario das actividades, tan só tres horas en horario de 9:30 a 13:30 “polo que non ten sentido que se chame a este programa Plan Concilia”.
Centro de día
Por outra banda, o PSOE solicita que o pleno do Concello lle reclame a Consellería de traballo e Benestar “a posta en funcionamento urxente do centro de día de Cesantes”. Lembran dende a agrupación socialista que as obras foron licitadas pola Consellería por un importe total de 2.262.798,59 euros e que a súa apertura estaba prevista para o ano 2011, motivo polo que non entenden que cando xa estamos mediando o 2013 o servizo continúe sen funcionar.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará