Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman a Augas de Galicia que invista en Redondela 1,6 millóns de euros

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela presentará no vindeiro pleno municipal unha moción na que solicitan que se lle reclame a Augas de Galicia unha maior achega e investimentos en infraestruturas, saneamento e recuperación dos ríos. Entenden que este organismo debería investir un 80% do que perciben en concepto de canon e custe de auga.

Apuntan dende esta agrupación que Augas de Galicia está a percibir mediante o canon unha cantidade aproximada a medio millón de euros, cantidade que chega ata os dous millóns se lle engadimos o custe da auga que pagan os veciños. O 80% de dita cantidade, é dicir, 1,6 millóns de euros deberían reinvertirse no Concello en diferentes actuación tales como a mellora da depuradora ou a recuperación dos ecosistemas acuáticos, algo que entenden dende AER non se está a cumprir.
Por este motivo solicitan do pleno do Concello que lle reclame a Augas de Galicia un informe cos datos de recadación procedente do canon abonado polos cidadáns e empresarios de Redondela e que este organismo faga unha “aportación equivalente, como mínimo, dun 80% dos ingresos procedentes de Redondela para reinvestimentos en infraestruturas de saneamento, coidado das nosas ribeiras, recuperación de espazos públicos, preservación e mellora dos nosos ecosistemas acuáticos (lembrando que nos atopamos nun espacio natural especialmente protexido), mellora do sistema de depuración”.
AER solicita tamén na vindeira sesión plenaria a comparecencia do Concelleiro de Interior, Arturo González, para que explique a situación na que se atopa a implantación da ordenanza de mesas e cadeiras na vía pública, aprobada meses atrás.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará