Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os familiares dos usuarios do centro psiquiátrico de Chapela critican a falta de apoio da Xunta

RR_Noticias

A asociación de Pais do Centro de Atención da Minusválidos Psíquicos de Chapela entenden que o centro debería proporcionar aos enfermos os medicamentos que necesitan aínda que se trate de medicamento que estean fora do catálogo que financia o Ministerio. Lembran que produtos como laxantes e enemas resultan totalmente imprescindibles para o colectivo dos discapacitados e que asumir o seu custe non é viable para moitas familias.

O secretario da Asociación, Raimundo Iglesias amosábase decepcionado logo da reunión mantida onte coa subdirectora xeral de farmacia da Consellería de Sanidade que “malia atendernos con moita cordialidade nos dixo que nada poden facer por financiar estes medicamento por tratarse dunha normativa estatal”. Algo que non convence á asociación “dado que a Xunta ten competencia exclusiva en sanidade e entendemos que ten polo tanto capacidade para se comprometer a sufragar os medicamentos a este colectivo con necesidades específicas”. A directiva da Asociación apunta que este pago suporá un gasto extra de entre 70 e 80 euros mensuais, unha cantidade elevada se temos en conta que se trata de persoas que na súa maior parte reciben pensións que oscilan entre os 500 e os 600 euros. Unha situación que podería agravarse de aprobarse o novo regulamento interno do centro no que se recolle que serán os familiares os que paguen as reparacións das cadeiras de rodas e os cueiros. Iglesias non desbota que os familiares se mobilicen no caso de non atopar unha solución a esta problemática, aínda que queren primeiro esgotar as vías de diálogo. Apuntan tamén que están a recibir asesoramento legal para reclamar xudicialmente os dereitos destes enfermos a seren atendidos axeitadamente sobre todo tendo en conta que se trata de persoas con discapacidades profundas.  

Raimundo Iglesias secretario da APA
Lembra a situación dos usuariso do centro
Reunión decepcionante
Non viron vontade de solucións
Vía xudicial
Estudan como reclamar o que entenden son os seus dereitos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará