Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG acusa ao alcalde de obstaculizar o traballo da oposición

RR_Noticias

O grupo municipal do BNG amosou a súa sorpresa logo de que os traballadores e traballadoras de tesoureiría lle informaran de que as novas instrucción “emanadas directamente dende alcaldía” establecen que todas as facturas para poder ser fotocopiadas por parte dos grupos da oposición debían ser solicitadas previamente por escrito ao alcalde.

Para o grupo municipal do BNG estas novas normas de funcionamento “constitúen unha mostra do talante de Javier Bas, quen coincidindo con todo o proceso da moción de confianza, impón novas medidas que obstaculizan o normal labor dunha forza política”.
Os nacionalistas cualifican estas normas de “medidas irracionais” porque ao seu entender complican o control do goberno por parte do BNG e burocratiza e carga de máis traballo aos empregados municipais. Un feito “sen precedentes co que se pretende facer desistir ao BNG de coñecer, controlar e fiscalizar o traballo do equipo de goberno”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará