Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon en marcha as actividades de verán para os rapaces en sete parroquias

RR_Noticias

Durante o mes de xullo e en horario de mañá, de 9:30 a 13:30, os nenos e nenas de entre 4 e 14 anos poderán gozar das actividades enmarcadas dentro do programa municipal de conciliación que se vai desenvolver nas parroquias de Cedeira, Chapela, Negros, O Viso, Redondela, Saxamonde e Ventosela. As persoas interesadas débense inscribir antes do mércores 26 de xuño no rexistro do Concello

A Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade pon en marcha este programa cuxo principal obxectivo é promover a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións de verán, ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que os rapaces dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións.
O programa, que se vai desenvolver en horario de mañá de 19:30 a 13:30, inclúe actividades lúdicas e de ocio, así como actividade física lixeira. Os menores participantes poderán tamén dedicar unha hora a repaso escolar.
Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para nenas e nenos de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano. O Programa desenvolverase durante todo o mes de xullo en sete parroquias: no Centro cultural de Cedeira, na asociación de mulleres Agarimo e Asociación cultural de Cidadelle en Chapela, na asociación de veciños de San Esteban de Negros, na Asociación cultural Santa María do Viso, no Pazo de Pousadouro e Multiusos de Redondela, na Asociación cultural Chan das Pipas de Saxamonde e na Asociación deportivo cultural A Miñoteira en Ventosela.
Esta convocatoria conta cun total de 168 prazas reservando 10 prazas para menores con necesidades educativas especiais, que contarán con persoal profesional especializado.
Para poder participar é preciso presentar a ficha de solicitude de participación no Rexistro Xeral do Concello de Redondela, seguíndose para a elaboración das listaxes de participación rigoroso orde de inscrición segundo número de entrada no Rexistro. A ficha de inscrición pode descargarse da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM) en Redondela e Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará