Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Peneda acolle este sábado a tradicional Festa dos Fachos

RR_Noticias

XV edición dunha celebración de exaltación do comezo do solsticio do verán que arrancará ás 23:00 horas do sábado ao pe do monte de Peneda, lugar onde os participantes poderán adquirir os fachos e iniciar o ascenso ao cume do monte onde haberá queimada, rosquillas e moito lume. Este ano o manifesto dos organizadores versará sobre a crise económica.

A Asociación Cultural Alén Nós e a Comunidade de Montes da parroquia de o Viso son os encargados da organización dunha cita xa tradicional na comarca, logo de 15 anos celebrándose e cuxas orixes habería que buscar séculos atrás cando na cima do monte se realizaban rituais de grandes luminarias para afastar meigallos e doenzas ou para conseguir o amor da persoa desexada. Unha celebración que a día de hoxe reúne a centos de persoas que cos fachos accesos soben todos os anos ao cume do monte para unha vez arriba beber queimada e comer rosquillas ao redor da fogueira. Unha queimada que ademais conta cun mestre de cerimonias excepcional, o mellor especialista da bisbarra, Noé Masó. Unha actividade que ten tamén a súa parte reinvindicativa. Ao longo destes quince anos o manifesto elaborado polos organizadores atendeu a diferentes problemáticas reclamando a propia recuperación da Peneda, a promoción do idioma ou o espírito dos indignados. Este ano o discurso centrarase na crise e na necesidade de reaccionar e unir forzas para nos enfrontar a situación actual.  

Gonzalo Balo Alén Nós
Explícanos en que onsistirá o acto do sábado
Manifesto
Un discurso para reivindicar diferentes cuestións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará