Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os familiares dos usuarios do centro psiquiátrico de Chapela rexeitan o copago de medicamentos

RR_Noticias

A asociación de Pais do Centro de Atención da Minusválidos Psíquicos de Chapela rexeita o pago dos medicamentos e outros tipo de produtos que necesitan os internos ante a entrada en vigor do copago sanitario e a retirada dalgúns deses produtos do catálogo de medicamentos financiados polo sistema nacional de saúde.

O secretario da APA, Raimundo Iglesias lembra ademais que a medida non se pode aplicar neste caso dado que a lei recolle a “exención do copago para as persoas con discapacidade” que é o caso dos residentes nestas instalacións, 120 persoas con minusvalías superiores aos 65%.
A directiva da Asociación apunta que este copago suporá un gasto extra de entre 70 e 80 euros mensuais, unha cantidade elevada se temos en conta que se trata de persoas que na súa maior parte reciben pensións que oscilan entre os 500 e os 600 euros. Unha situación que podería agravarse de aprobarse o novo regulamento interno do centro no que se recollen que serán os familiares os que paguen as reparacións das cadeiras de rodas e os cueiros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará