Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Conservatorio saca a música á rúa

RR_Noticias

O Conservatorio Municipal de Música de Redondela, Victor Ureña, programa diversas actuacións para este mes de xuño co gallo de encher de música o casco urbano. Neste programa inclúen o programa “Música nas prazas” con actuacións na Praza da constitución, na rúa Casto Sampedro e na Praza de Santiago Apóstolo.

Durante todo o mes de xuño o Conservatorio desenvolve unha programación que pretende achegar a música a diferentes espazos da vila, coa finalidade de divulgar o traballo desenvolvido durante o curso e crear sensibilidade musical en toda a poboación. As rúas e prazas encheranse de música en diferentes datas con concertos na praza da Constitución este venres, na rúa Casto Sampedro o día 18 e na praza de Santiago Apóstolo o día 25, concertos todos eles programados para as 20:30 horas.
Unha programación que inclúe tamén proxección de cinema musical o día 17 e 19 de xuño na aula 2 do conservatorio, o primeiro dos días ás 19:30 horas o segundo ás catro e media.
O día 19 de xuño a música volverá á rúa, neste caso da man dos alumnos da escola de música que ofrecerán un concerto de fin de curso no patio exterior do edificio ás 17:30 horas sendo o festival fin de curso do conservatorio o xoves 27 ás 20:00 horas na praza da Casada Torre.
Co gallo de animar aos veciños a achegarse a este centro educativos os días 25 e 26 deste mes celebrar ademais dúas xornadas de portas abertas.en horario de tarde durante o cal se poderá visitar as instalacións, comprobar o equipamento e facer consultas ao profesorado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará