Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous irmáns por intento de roubo nun quiosco de Redondela

RR_Noticias

Axentes da policía local e policía nacional detiveron na madrugada de hoxe a dous irmáns de 29 e 32 anos de idade veciños DDE Vigo logo de sorprendelos tentando forzar a porta do quiosco de prensa que se atopa en fronte da praza de Santiago. Un dos detidos contaba con 19 antecedentes policiais.

Os feitos tiveron lugar ás 5 horas da madrugada de hoxe cando unha patrulla que circulaba pola rúa Ernestina Otero observou un vehículo mal estacionado na ponte que comunica o mercado municipal co Campo da feira. Cando se achegaron observaron como dous individuos que se atopaban nas inmediacións do quiosco tentaban fuxir sendo interceptados. Os detidos, dous mozos de Vigo, irmáns de 32 e 29 anos de idade, tiñan na súa posesión varias ferramentas empregadas nos roubos como un desaparafusador, varias radiografías e luvas.
Os individuos aínda que non lograron roubar nada si causaran desperfectos na pechaduras do quiosco. Trasladados á comisaría de Vigo comprobouse que un deles contaba con 19 antecedentes policiais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará