Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas:”Non tomarei a iniciativa, toca esperar e ver se o PSOE presenta unha moción de censura”

RR_Noticias

Asegura non arrepentirse de ter presentado unha cuestión de confianza vencellada aos orzamentos malia que agora o seu mandato dependa dun eventual acordo entre os grupos da oposición. Acordo que podería desaloxalo da alcaldía antes do 6 de xullo. Amósase disposto a negociar con calquera grupo pero engade que non tomará a iniciativa para evitar malentendidos. Fai un chamamento aos socialistas “que deberían escoitar aos veciños e asumir que o que quere a rúa é que se apoie a xestión do actual equipo de goberno”.

Javier Bas insiste en que a decisión de presentar unha cuestión de confianza “non foi un impulso” senón unha decisión moi meditada ante a imposibilidade de sacar adiante uns orzamentos “imprescindibles para acometer este ano os investimentos que necesitamos para seguir avanzando no noso proxecto” e que pasan polo Plan Marisma, o saneamento, o paseo de Cesantes e un novo pavillón de deportes. Non escatima críticas para a oposición. Por unha banda, dos socialistas opina que fan “un xogo de malabares e de trileros” sen aportar nada. Ao BNG acúsaos de “antepoñer os intereses do seu partido aos dos veciños independentemente de si é bo ou malo para Redondela·”. Mías indulxente amósase con AER que “si colaboraron nos orzamentos facendo as súas achegas, moitas das cales foron asumidas por nós” e insiste en que a presentación da cuestión de confianza foi “a única opción posible logo de esgotar toda vía de negociación que estivo aberta durante meses” e non “un acto de prepotencia ou unha xogada de axadrez como nos acusaron dende algún partido”. Finalmente lembra que está disposto a sentar con calquera grupo pero que non tomará a iniciativa porque “poderían acusarme de botar o órdago e actuar por temor a perdelo”.  

Entrevista a Javier Bas
O rexedor responde á diferentes cuestións relacionadas coa situación da política local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará