Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Alonso “O voto en contra de AER quere penalizar actuacións particulares”

RR_Noticias

A Concelleira de economía e facenda entende que logo da intensa colaboración da Agrupación de Electores na elaboración dos orzamentos o seu voto en contra de ditas contas municipais o que persegue é “penalizar actuacións particulares” dalgún concelleiro. Lamenta a edil que con esa posición AER estea “poñendo en perigo a viabilidade dos orzamentos”. Todo apunta a que o alcalde de Redondela, Javier Bas perderá hoxe a cuestión de confianza vencellada aos orzamentos municipais que se debate con carácter de urxencia ás 19:00 horas.

Os grupos que conforman a oposición, PSOE, BNG e AER teñen previsto manter o seu veto aos orzamentos municipais. As tres formacións argumentan que dende o goberno non se está a atender suficientemente áreas como Servizos Sociais, emprego ou ensino e aluden neses sentido ao orzamento do ano anterior cando as partidas destinadas a estes servizos non se executaron “gastando menos do previsto malia seren moitos os redondeláns que ante a situación de crise precisarían de axudas nestes ámbitos”. Pero hai tamén outras cuestións que estes grupos esgrimen para xustificar o seu voto en contra e que hoxe suporá ademais a reprobación do goberno de Javier Bas. Así, dende o BNG esíxenlle ao goberno local que manteña dentro do Plan Marisma Máis a creación dun centro de día no antigo centro escolar de Tramañó e a Agrupación de Electores critica aos populares “a falta de transparencia na súa xestión” e poñen como exemplo as actuacións en cultura na contratación da empresa Biglab ou no financiamento do Lolapop. O PP reafírmase na necesidade de poñer sobre a mesa a cuestión de confianza ante a necesidade de aprobar as contas municipais deste ano xa que segundo aseguran “tratar de manternos a toda costa no goberno cuns orzamentos prorrogados do ano 2012 non sería responsable pola nosa parte, xa que impedirían desenvolver a actividade municipal no 2013”. A reprobación hoxe do goberno do PP abriría un período de un mes durante o cal a oposición tería oportunidade de presentar un goberno alternativo que desbanque da alcaldía ao actual.  

Ana Mª Alonso edil de economía e facenda
Está convencida de que a negativa de AER non responde a que se opoñan ao orzamento presentado
Jorge Varela
A agrupación de electores pide máis transparencia
Cecilia Pérez Orge BNG
Os nacionalistas rexeitan os cambios no Plan Marisma+
Leonardo Cabaleiro PSOE
Critican a falta de estratexia do PP
Javier Bas alcalde
O rexedor entende que a prórroga dos orzamentos non é factible

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará