A música será a protagonista deste festival que arranca hoxe mesmo na Alameda coa actuación ás 21:00 horas da banda de Soutomaior Güintervan. Os concertos trasládanse a partir de mañá ao anexo do Campo de fútbol onde se instalará unha carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas. As actividades paralelas inclúen obradoiros para os cativos, jam graffiti, baloncesto, eskalabirras e artistas de rúas.
Baixo ameaza de choiva celébrase dende hoxe e durante tres días a VII edición do Festival Internacional Millo Verde, malia esas previsións o desenvolvemento dos concertos no anexo de Santa Mariña e das actividades paralelas na Alameda está asegurada xa que haberá carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas. Un festival que arranca esta tarde noite coa actuación ás 21:00 horas na Alameda do grupo de Soutomaior Güintervan, un grupo que estará novamente sobre o escenario o venres xunto cos gañadores do Concurso de Maketas A banda de Andrelo, os galego The Turres band e os gaditanos Jimmy Jazz and Zelufank. O sábado día 8 a quenda será para os grupos o Sonoro Maxín de Ourense, o pop-rock dos cangueses Foxy Freire, o punk chegado dende Holanda con The Anomalys e, para pechar o cartel a actuación dos húngraros Aïrtist. Os organizadores do Festival poñen o acento tamén nas actividades paralelas que se desenvolven durante o día na Alameda de Redondela. Repítense actividades tales como o eskalabirras,os obradoiros para cativos, a feira verde e o campionato de baloncesto 3×3 ou a Jan graffiti. Este ano como novidade, haberá unha regata fluvial no río Alvedosa, unha actividade dividida en dúas partes: o venres os nenos construirán os seus propios barcos con material de refugallo e o sábado eses barcos botaranse á auga. O festival, de entrada libre, está organizado pola asociación Millo Verde e conta coa colaboración do Concello de Redondela e de ducias de comerciantes que fan tamén a súa achega económicas. O financiamento complétase coa venda de camisetas, rifas e outro material. Mantese tamén este ano a zona de acampada gratuíta xunto ao río Pexegueiro.