Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos tres mozos de Redondela polo intento de roubo nun centro deportivo de Chapela

RR_Noticias

A policía nacional detivo na madrugada do martes a tres mozos de 18 e 17 anos de idade como autores dun delito de roubo con forza en Chapela. Os feitos tiveron lugar nun local deportivo na rúa Cardona e a detención produciuse grazas á colaboración cidadá, xa que foi un veciño quen alertou ao 091 de que estas tres persoas estaban intentando acceder ao local por unha fiestra.

Os axentes desprazáronse ao lugar logo de recibir a chamada e descubriron aos mozos tombados no chan, agochados detrás dun muro, vestidos con roupas escuras e coa cara cuberta con pasamontañas. Malia que tentaron fuxir os axentes lograron interceptalos. Os detidos tiñan na súa posesión varias ferramentas e os tampóns dunha das claraboias do centro que fora aberta.
Os mozos foron detidos e trasladados a dependencias policiais, comprobándose que carecían de antecedentes. O menos foi entregado a súa nai dando conta do acontecido á Fiscalía de Menores de Pontevedra así como ao Xulgado de Instrucción número un de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará