Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Banco Pastor estuda abrir unha oficina en Chapela logo do peche da sucursal de NGB

RR_Noticias

A Asociación de Afectados da AP-9 convoca esta tarde unha Asemblea informativa co obxecto de valorar as conversas mantidas cos responsables do banco Pastor e coñecer a disponibilidade dos veciños a abrir unha conta nesta entidade logo de que NOGB pechase a sucursal da Avenida de Redondela deixando sen servizo aos usuarios da zona. A xuntanza terá lugar no Multiusos do Piñeiral ás 21:00 horas.

Os veciños da zona alta de Chapela quedaron sen servizo bancario a principios de mes. De nada serviron as protestas nin a campaña de recollida de sinaturas promovidas dende a Comunidade de montes e a Asociación de afectados pola AP-9. Caso omiso fixeron tamén os responsables da entidade bancaria ás ameazas dos aforradores de retirar os seus cartos do banco no caso de que finalmente o peche se fixera efectivo.
Unha vez pechada a sucursal os veciños iniciaron unha rolda de conversas con diferentes entidades e a resposta positiva non se fixo esperar. O Banco Pastor amosou a súa disponibilidade a abrir unha sucursal na zona aínda que a negociación no nesta pechada. Falta agora coñecer a valoración dos directamente afectados, que están chamados a participar esta tarde nunha asemblea extraordinaria ás 21:00 horas no Multiusos da parroquia para valorar a proposta e concretar se están dispostos ou non a facerse clientes desta entidade.
O peche da sucursal de NGB supuxo para os residentes e comerciantes da Avenida de Redondela quedar sen este servizo e tan só cun caixeiro automático que estará operativo tan só durante 6 meses. Unha situación que os obriga a trasladarse á Avenida de Vigo para facer as súas xestións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará