Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous maxistrados arroupan a presentación dun novo número da revista “A voz de lenda”

RR_Noticias

O acto terá lugar esta tarde no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas e contará coa actuación musical da cantautora Antía Muñoz. Os maxistrados Mónica Sánchez Romero e Fernando Cabezas Lefler participarán da charla coloquio “falando da xustiza”.

A Asociación Lenda  presenta esta tarde no Multiusos da Xunqueira a partir das 20:00 horas un novo número da súa revista “A voz de Lenda”. O tema elixido nesta ocasión é a Xustiza, con análises, reflexións e diferentes artigos nos que os membros do equipo redactor, todos eles usuarios do Centro Lenda, fan a súa achega persoal e xornalística á situación actual da xustiza. Entre os contidos deste número 26 atoparemos tamén unha entrevista aos maxistrados Mónica Sánchez Romero e Fernando Cabezas Lefler quen participarán ademais da charla coloquio “falando da xustiza” que vai ter lugar no transcurso da presentación. O acto, aberto a todo o que queira achegarse, rematará coa actuación musical da cantautora Antía Míguez.  

Jaime Figueroa Asociación Lenda
Salienta a proximidade dos xuices que esta tarde participan na presentación da revista
José Luis Ezama Equipo redactor
Contidos variados en torno á xustiza

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará