Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta investirá 189.000 euros na ampliación da Ponte de Xulián

RR_Noticias

O proxecto consiste en dotar a estrada de dous carrís e unha beirrarúa nunha das marxes da ponte. O orzamento total que destinará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nesta actuación é de 188.762,10 euros e a obra finalizará ono primeiros semestre do 2014. O obxectivo é mellorar a seguridade vial nese tramo da estrada PO-250 entre Redondela e Reboreda.

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o decreto polo que se dispón a expropiación urxente dos terreos afectados polo proxecto de ampliación de estrutura e construción de beirarrúas na estrada PO-250 (Redondela-Forzáns), ao seu paso polo núcleo urbano de Redondela, no lugar coñecido como a Ponte de Xulian no inico da estrada que une Redondela con Reboreda.
O traballo proxectado ten por obxecto a mellora da seguridade viaria na ponte sobre o río Alvedosa, co fin de evitar a interferencia entre vehículos e peóns.
O proxecto de construción da ampliación da ponte foi aprobado en outubro de 2012 e prevé a ampliación da estrutura de forma que se poida dotar a calzada de dous carrís para a circulación de vehículos e unha beirarrúa nunha das marxes, que permita aos peóns circular pola zona e cruzar o río con garantías de seguridade
O orzamento total que destinará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nesta actuación é de 188.762,10 euros, que finalizará no primeiro semestre do 2014. O proceso expropiatorio afectará a un total de 5 predios cun custo de 33.429,90 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará