Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras da lonxa de Cesantes saen a concurso en 600.000 euros

RR_Noticias

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe venres o anuncio para a contratación da empresa que se encargará da construcción da nova lonxa de Cesantes por un valor estimado de 598.561 euros. As empresas interesadas en optar a esta obra teñen de prazo 26 días naturais para facer as súas ofertas. O prazo de execución do contrato é de 9 meses.

O edificio terá 680 metros cadrados distribuídos en dous andares. Na parte baixa instalaranse as dependencias propias da actividade pesqueira e marisqueira como a zona de poxas e oficinas de venda, vestiarios, almacén e cámaras de frío e conxelado. Na parte superior está previsto instalar as oficinas, unha sala de usos múltiples, unha terraza e outros servizos.
Unha obra que contará cun orzamento de 600.000 euros e que terá un prazo de execución duns nove meses a partir da súa licitación, que debería facerse antes de que conclúa o mes de xuño, polo que a lonxa debería estar en funcionamento no inicio do vindeiro ano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará