Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roberto Sánchez “Bicho” xogará na liga Asobal logo de fichar polo Villa de Aranda

RR_Noticias

O extremo esquerdo do Solla & Cía Chapela deixa o club redondelán para militar na máxima categoría do balonmán. No club chapeleiro repártense entre a satisfacción e a tristura. O orgullo de ver a un dos seus xogadores na elite do balonmán nacional mistúrase coa mágoa que senten por perder a un dos seus mellores canteiráns.

O presidente do club, Manuel González Soto, afirma sentirse “feliz” polo rapaz, e augúralle “un gran futuro” no mundo do balonmán. Soto entende que o Villa de Aranda será “un bo escaparate” para Roberto, e confía en que chegará “a metas máis altas”, xa que está convencido de que ten calidade para se xogador internacional. Boa parte dese mérito teno o Balonmán Chapela e o seu actual adestrador, Fran Teixeira, que confiou no xogador sendo aínda xuvenil. Nado en Chapela, Sánchez Figueroa comezou no equipo con tan só 5 anos, en 1995, e permaneceu no club as últimas 18 temporadas. Moi vinculado á entidade (o seu pai forma parte da directiva), agora emprende unha nova aventura para a que o club lle desexa “toda a sorte”. No equipo burgalés de Asobal coincidirá cun antigo compañeiro en Chapela, o porteiro Javi Díaz, que fora tamén gardameta do Teucro e Academia Octavio. Xa tivera ofertas de Asobal a pasada temporada, pero non o convencían, e agora decidiu non deixar pasar a oportunidade que lle brinda o Villa de Aranda, que conta cun bo proxecto deportivo e solvencia. O conxunto castelán gaña un extremo que sabe exercer de líder, capaz de xogar na primeira liña e moi veloz ao contragolpe. Iso é tamén o que perde o Solla&Cía Chapela, que xa traballa na próxima temporada logo de perder en Antequera o ascenso directo á División de Prata.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará