Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gústame o galego! na Praza da Constitución

RR_Noticias

O servizo de Normalización Lingüística de Redondela organiza este domingo na praza da constitución unha campaña de dinamización e sensibilización lingüística aberta á participación de toda a cidadanía. Hoxe a cita é musical cun concerto no Convento de Vilavella ás 21:00 horas a cargo da orquestra e coro do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Durante toda a xornada do vindeiro 19 de maio instalarase na praza da Constitución un “photocall” polo que poderán pasar todos os veciños que o desexen para deixarse fotografar con diferentes lemas que reivindiquen o uso do galego. Unha imaxe que logo espallaranse pola rede co obxectivo de implicar á sociedade no uso do idioma. Este espazo estará aberto en horario de mañá de 12:00 a 14:00 horas e pola tarde dende as 17:00 ás 21:00 horas. Normalización continuará celebrando o Mes das letras o vindeiro luns día 20 cunha presentación literaria na Casa da Cultura a cargo de Roberto Pascual, dramaturgo, crítico e profesor así como director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia quen presentará o libro “Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro”.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Gústame o galego!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará