Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, kamishibai e teatro de obxectos con Fantoches Baj

RR_Noticias

A compañía galega achega a Redondela dous interesantes espectáculos cargados de música que se poderán ver na praza da Casa da Torre e na Sala Disco tasca.  “As pombas do carboeiro” é o espectáculo que máis participantes leva ao escenario de todos os programados polo Festival de Títeres. Os dous actores da compañía estarán acompañados polos 50 músicos que conforman a Banda de Saxos do Conservatorio de Redondela. Representarase o venres ás 19:00 horas e o domingo ás 18:00 e 20:00 horas dentro da programación de rúa.

Este venres arranca a programación de rúa con importantes novidades, entre as que hai que salientar as actividades de teatro, monicreques e maxia que se van desenvolver no Museo Meirande. Para facilitar a achega de público a este espazo, dende a praza de A Farola sairá un autobús ás 16:30, 17:15 , 18:15 e 19:00 horas. O prezo da viaxe ida e volta con asistencia ao espectáculo ascende a 3 euros para nenos e 5 euros para o público adulto. Outra das novidades desta 14 edición son as noites Titeresantes, con actuacións na medianoite de venres e sábado na Sala Discotasca. Mañá será a cargo da agrupación Bandullo Azul coa obras “A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres” e o sábado con Fantoches Baj quen presentará o espectáculo O Asombro, teatro de obxectos con texto de Uxío Novoneyra. Moitas actividades ademais nas prazas e rúas da vila que están xa preparadas para acoller os espectáculos aínda que se cumpran as pesimistas previsións meteorolóxicas que falan dunha fin de semana pasada po auga, De feito, para evitar esas inclemencias hai xa carpas que permitirán a celebración do programa chova ou vente. E en sala, este venres a quenda será para Os monicreques de Kukas coa montaxe “O kikirixote, aventuras e desventuras dun galo de curral”. Hoxe a proposta de Teatro Corsario pasa pola obra de terror “A maldición de Poe” ás 21:00 horas no Multiusos.  

Benxamín Otero Fantoches baj
Argumento da obra
Kamishiai
Unha técnica xapones empregada na obra
O asombro
Esta é unha das obras que se poderá ver nas noites titeresantes
Luis Crespo director do festival
O Meirande un espazo de excepción

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará