Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Críticas ao concello pola demora no convenio interparroquial

RR_Noticias

Asociación Culturais e partidos Políticos esixen a posta en marcha do Convenio Interparroquial que permita a celebración de actividades culturais nas parroquias da vila.
Dende o viso a Asociación Cultural Santa María critica que se lles solicite axuda para colaborar nas festas da Coca mentres lles negan “equipamento e axuda para celebrar os seus actos”.

A Asociación Cultural Sta María do Viso critica que se solicite aos centro culturais axuda para colaborar coas festas que organiza o Concello de Redondela, en concreto, colaboración para facer as alfombras da Festa da Coca, mentres lles negan “equipamento para celebrar os seus actos, así como unha axuda real e proporcionada para poder descentralizar a cultura e actividades a tódolos lugares do concello”
Amósanse sorprendidos porque se lle pida colaboración “para un evento festivo que ten unha das dotacións económicas máis importantes de entre tódolos eventos realizados en Redondela” mentres as entidades e asociacións que apenas teñen recursos, nin materiais nin humanos nin financeiros, para poder realizar os seus eventos ou actividades satisfactoriamente e diariamente nas parroquias do concello seguen á espera de que saian as bases de axudas para actividades culturais e que se poña en funcionamento o Convenio Interparroquial
Pola súa banda, dende o PSOE reiteran unha vez máis a necesidade de que bote a andar o Convenio Interparroquial cuxa ausencia obriga ás asociacións e centros culturais das parroquias a suspender as actividades culturais que adoitaban celebrar nestes meses.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará