Hoxe é Xoves 22 de Outubro de 2020

Barriga Verde visita a vila no Día das Letras

RR_Noticias

A compañía Viravolta Títeres achega a Redondela un espectáculo baseado nas investigacións que a compañía fixo sobre a figura de barriga Verde e a marioneta tradicional galega. Preséntase coma unha homenaxe ao monicreque que a familia Silvént representou por Galicia na primeira metade do século XX. Unha homenaxe á que se suma o Festival Internacional coa proxección esta noite ás 21:00 horas do documental “morreu o demo, acabouse a peseta”.

“Morreu o Demo, acabouse a peseta” era a frase coa que remataban as funcións de monifates de luva logo de que o heroe Barriga Verde mallase no seu satánico antagonista. Agora é tamén o título dun documental que esta noite ás 21:00 hroas se poderá ver no Multiusos. Esta é tan só unha das actividades que se vai celebrar no festival como homenaxe ao monicreque e ao seu creador o titiriteiro José Silvent e que completará co espectáculo “barriga verde” da compañía galega Viravolta Títeres que se representará na praza do Concello o venres 17 ás 13:00, 17:00 e 20:30 horas o venres día 17. Mañá mércores ademais da programación escolar poderase ver no Multiusos a primeiras das representacións para o público adulto. Será ás 21:00 horas co chileno David Zuazola quen representará a obra “Ala sucia”, unha obra feira con refugallos e materiais recuperados dos antigos baúis abandonados. Unha estraña estética que sumada á música e a unha narración en directo nos traslada a esa época romántica na que calquera elemento servía para imaxinar. O pase será no Multiusos da Xunqueira o mércores 15 ás 21:00 horas.  

Comba Comboy produtora de "Morreu o demo acabouse a peseta"
Unha colaboración con Viravolta permite tamén facer o espectáculo

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *