Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela busca praza para o Galego

RR_Noticias

Esta fin de semana disputan en Meira o Campionato Territorial Sur, no que agardan clasificarse para a proba autonómica, que se celebrará en Esteiro (Muros) os días 25 e 26 de maio. No club amósanse moi satisfeitos polos resultados acadados ata o de agora na temporada de traiñeiriñas, logo de facerse coa primeira posición a pasada fin de semana tanto na regata de Tirán como en Coruxo.

O equipo de remo redondelán impúxose no I Trofeo Don Rape de traiñeiriñas na categoría absoluta masculina. Na proba, celebrada onte fronte á praia do Vao, os de Chapela tamén se fixeron coa segunda praza nos xuvenís masculinos e acadaron a cuarta posición no absoluto feminino. Os bos resultados do club non se limitan ó primeiro equipo, senón que tamén o Arealonga se fixo coa cuarta praza no absoluto masculino. A próxima fin de semana, os días 18 e 19 de maio, dispútase o Campionato Territorial Sur en Meira (Moaña), onde confían en clasificarse para o Campionato Galego, que se celebra o 25 e 26 en Esteiro. Os que se clasifiquen terán praza no Campionato de España de Traiñeiriñas, que terá lugar os días 1 e 2 de xuño en Moaña. Para Julio Prado, vicepresidente do C.R. Chapela, os bos resultados acadados ata o de agora demostran o alto nivel do club, que leva anos traballando coa canteira. Deste xeito confían en que a temporada de traiñeiras, que comeza no mes de xullo, sexa tamén propicia para o club, e confía “no seu gran potencial” para repetir éxitos como os da temporada pasada, que mesmo se clasificaron para remar a final da Regata da Concha, en San Sebastián, considerada “a olimpíada” do remo.  

Julio Prado vicepresidente
O principal obxectivo do club é clasificarse para o Campionato Galego.
Un equipo consolidado
Os bos resultados das traiñeiriñas fan pensar que a temporada de traíñas será propicia para o C.R.Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará