Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican as bases que rexerán a concesión de axudas ás asociacións culturais

RR_Noticias

Anova Redondela entende que o bosquexo elaborado polo Concello non recolle as reivindicacións dos colectivos culturais e denuncian a demora na posta en marcha dos programas de cultura deste ano o que está a provocar importantes prexuízos nas actividades que se programan sobre todo nas parroquias. A formación política afirma que a proposta do Partido Popular “coincide cunha concepción da cultura como servizo ao poder e non como mecanismo de creación, expresión e participación”.

Os responsables de Anova, malia aplaudir o feito de que dende Cultura se estea a traballar na elaboración das bases que rexerán a concesión de axudas, entenden que o bosquexo presentado aos colectivos culturais non é o axeitado. Critican, entre outras cuestións, que sse conceda un maior número de puntos e polo tanto unha maior axuda económica a aquelas asociacións e colectivos que “colaboren co Concello de forma desinteresada e ao ditado das necesidades municipais”. Unha proposta que ao seu entender “implica ir contra o principio de autonomía na acción cultural das asociacións” mentres que “nada hai que puntúe o traballo desinteresado realizado polas mesmas”. Engaden que esta proposta do goberno local “coincide cunha concepción da cultura como servizo ao poder e non como mecanismo de creación, expresión e participación”.
Por outra banda critican a “falta de planificación cultural2 e solicitan a posta en marcha canto antes dos programas de axudas ás asociación xa que logo dun mes dende a reunión cos Centros Culturais “nada se sabe da publicacións da liña de subvencións, nin da posta en marcha de programas como o Interparroquial. Isto supón que tanto asociacións culturais como Centros Culturais teñen que modificar, atrasar ou simplemente anular a súa programación cultural.
Anova denuncia que o Concello, a través dun escrito asinado polo Alcalde e datado o 10 de maio solicite axuda desinteresada ás asociacións para a confección de alfombras para as Festas da Coca ao tempo que é incapaz de activar as liñas de axuda á promoción cultural.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará