Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela entra na loita polo ascenso

RR_Noticias

O conxunto de Fran Teixeira conseguiu manter a segunda praza do campionato logo de gañar ó Explotacións Cangas por 31-26. Os de Chapela estarán así na pelexa polo ascenso á División de Honra B, obxectivo marcado a comezo de temporada.

Sete goles de Chema, outros tantos de Rober, cinco de Gestido, catro de Iago, tres de Vidal, dous de Rubén, os mesmos que anotaba Fabián, e un de Casal. Un total de 31 dianas que serviron para que o Solla&Cía Chapela pase un ano máis á fase de ascenso. A vitoria sobre o Cangas fai descender ó equipo do Morrazo e garante ós de Fran Teixeira a segunda praza para pelexar polo pase á División de Honra B. Os redondeláns non podían permitirse erros e non o fixeron, o equipo fixo un espléndido partido na parte ofensiva, con Chema e Rober á fronte, e a portería de Celti non deu opcións ós rivais cunha defensa férrea. En Chapela xa festexan o pase e preparan a fase de ascenso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará