Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de interpretación do territorio en Ventosela

RR_Noticias

O Centro Social A Miñoteira organiza un curso que, baixo o título “Persoas e territorio. Ferramentas para coñecer o noso medio” pretende ofrecer ás persoas interesadas coñecementos teóricos e prácticos sobre o territorio. O curso estará impartido e coordinado pola Cooperativa Trespés e ten un prezo de 20 euros para os socios, 30 euros é o que deberán abonar os que non o sexan.

O curso está destinado a persoas de todo tipo de idades e ten como obxectivo principal ofrecer ferramentas de análise e interpretación do territorio desde as perspectivas medioambiental, paisaxística, social e cultural. Mediante unha combinación de sesións teóricas e prácticas, o alumnado adquirirá coñecementos e capacidades sobre a interpretación do territorio, con especial atención á realidade próxima.
Cun total de 16 sesión repartidas entre os meses de maio e outubro de 2013, o alumnado poderá visitar lugares próximos á parroquia de Ventosela e Redondela desde unha perspectiva multidisciplinar. En cada saída, as persoas participantes recibirán material guía para interpretar o territorio. A primeira sesión terá lugar o 4 de maio no Centro Social A Miñoteira de Ventosela.
O curso propón un programa no que se inclúen elementos teórico-prácticos sobre os elementos do territorio, métodos de rexistro, análise paisaxística do espazo, coñecementos dos recursos do bosque, estratexias de valorización do territorio, etc. A visión ampla que se pretende ten o seu concreto na planificación interxeneracional do curso, na integración de diferentes disciplinas no mesmo (xeografía, micoloxía, bioloxía, antropoloxía) e na diversidade de actividades que o completan (elaboración de caderno de campo, saídas, debates e reflexións sobre o propio territorio).
A matrícula do curso son 20€ para asociados ao Centro Social a Miñoteira e 30€ para non socios. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 404682.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará