Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma e segue a polo ascenso

RR_Noticias

Unha nova vitoria, neste caso sobre o Ribadumia, certifica o bo momento de forma do equipo redondelán, que encadea o seu décimo partido sen perder. Os tres puntos sitúan ós de Jacobo Montes na terceira praza do campionato e empatados a puntos co segundo clasificado, o Portonovo.

Preferente Sur
Choco 2-0 Ribadumia
Os locais dominaron o encontro, sobre todo na primeira parte, e só a mala sorte de cara a portería impediu que se adiantasen no marcador nos primeiros minutos. O gol chegou desde o punto de penalti, ao transformar Chus unha pena máxima sinalada polo colexiado tras mans de Luís Alberto nun remate de Míchel (1-0, min.29). Despois do descanso o xogo estivo máis igualado, pero mentres o Ribadumia desperdiciaba a súa ocasión diante de Cortegoso, o Choco aproveitou a súa. Caloi definiu cun gran remate logo dun pase de Chus co que anotaban o 2-0 no minuto78. Os de Montes preparan agora o próximo encontro no campo do Pontevedra B.
Segunda Autonómica

Choco B 2-0 San Miguel
O filial do Choco segue a escalar posicións cara a parte alta da táboa, e xa ocupan a 4ª praza do seu grupo. A próxima fin de semana xogarán no campo do líder, o Candeán 5 Jotas.
Coruxo 2-1 Chapela
O Chapela segue na parte baixa da táboa logo de perder diante do pechacancelas, o Coruxo. A próxima xornada reciben ó Sárdoma, penúltimo clasificado.
Nespereira 0-4 Gondomar
Os de Pazos, últimos clasificados do seu grupo, volven encaixar unha goleada. O domingo xogarán no campo do Juvenil, situado tamén na parte baixa da táboa.
Terceira Autonómica

Sampayo 0-0 Cesantes

At.Vilar 2-1 Mosende

Vilaboa 2-1 Arcade
Na próxima xornada xóganse os encontros: Vincios-At.Vilar e Arcade-Presqueiras, mentres o Cesantes ten xornada de descanso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará