Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alejandro Otero, persoeiro do ano 2013

RR_Noticias

A proposta da Asociación Cultural Alejandro Otero foi finalmente a elixida pola Comisión de Cultura e deberá ser ratificada este luns na sesión plenaria que se celebra ás 20:00 horas. Na elección deste persoeiro tívose moi en conta o feito de que neste ano se conmemore o 125 aniversario do seu nacemento

Ernestina Otero ou Rita Regojo foron, xunto con de Alejandro Otero, os tres persoeiros que diferentes colectivos culturais e sociais propuxeron para ser homenaxeados durante este ano.
A proposta elixida foi remitida ao concello pola Asociación Cultural Alejandro Otero Fernández e no seu favor salientaban as achegas que no ámbito cultural, científico e filantrópico realizou este redondelán ao longo da súa vida. Destacaban ademais o feito de que neste ano se conmemora o 125 aniversario do nacemento do médico e político socialista, un nacemento que tivera lugar o 14 de decembro de 1888 na casa familiar paterna que se atopa na actual rúa Reveriano Soutullo.
Entre outros méritos, Alejandro Otero foi un destacado médico, sendo o responsable de introducir o uso de luvas de goma para operar, e docente como catedrático de xinecoloxía e obstetricia chegando a ser nomeado rector da Universidade de Granada. A esto hai que engadir a súa destacada labor política, sendo elixido concelleiro en Granada nas eleccións municipais de 1931.
Os promotores da candidatura fan fincapé na íntima relación que durante a súa vida sempre mantivo Alejandro Otero con Redondela, incluso dende o seu exilio en México. De feito, os seus restos mortais repousan no cemiterio de Os Eidos en Redondela, no panteón familiar.
Programa de actividades
Unha vez aprobado polo pleno, deseñarase un programa de actividades a desenvolver durante todo o 2013 co gallo de divulgar a vida e obra do homenaxeado. A Asociación cultural Alejandro Otero entende que entre as actividades a desenvolver debería levarse a cabo un plan de charlas nos centros educativos, facer efectivo o acordo plenario de nomear a praza anexa á Farola co nome de Alejandro Otero e colocar unha placa na súa casa familiar. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará