Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recuperará o Teatrarte no mes de outubro

RR_Noticias

O festival de teatro que se viña celebrando nos meses de febreiro e marzo foi posposto condicionado, segundo explicacións do Concelleiro de Cultura Julio Alonso, polo parón vivido no Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) nestes primeiros meses do ano, parón que impedía chegar a acordos que permitisen a contratación de compañías a través deste organismo.

O nomeamento do novo director deste organismo Jacobo Sutil, no pasado mes de marzo, permite recuperar esa colaboración que fará posible retomar o programa de teatro Teatrarte. De feito, o edil de Cultura apunta que existía a posibilidade de poñer en marcha novamente este ciclo no mes de maio, algo que desbotan dende o Concello para evitar o solapamento de actividades, tendo en conta que no vindeiro mes son moitas as citas culturais e festivas que coinciden en Redondela, dende a tradicional Festa dos Maios, o Festival Internacional de Tïteres ou a cita gastronómica cos chocos. Por este motivo, o Teatrarte celebrarase este ano nos meses de outubro e novembro, retomando así unha cita cultural con moito tirón no noso concello. A non celebración do Festival levara aos grupos da oposición a criticar e demandar explicación pola ausencia desta cita anual co teatro.  

Julio Alonso Concelleiro de Cultura
Recuperar o ciclo de teatro co Teatrarte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará