Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debate a adxudicación da piscina de Chapela a Aqualia

RR_Noticias

A corporación celebra este luns a sesión plenaria na que se abordaran entre outros asuntos a adxudicación do centro de deportes acuáticos de Chapela á Aqualia. Esa é a empresa que obtivo maior puntuación no concurso logo de rebaixar en 50.000 euros anuais o que lle terá que pagar o concello para sufragar o consumo enerxético. Tamén se proporá solicitar a declaración da Festa do Choco como “Festa de interese turístico”.

A apertura da piscina de Chapela depende en gran medida do que se acorde este luns na sesión plenaria que se celebra na Casa do Concello ás 20:00 horas. No debate abordarase a concesión deste centro de deportes á empresa concesionaria do servicio de abastecemento e saneamento en Redondela, Aqualia logo de que esta empresa rebaixase en 50.000 euros a proposta inicial do concello que pasaba por abonar un máximo de 120.000 euros á concesionaria para subvencionar o consumo de biomasa, electricidade e auga.
Aqualia na súa proposta reduce ese custe aos 70.000 euros anuais -40.000 en electricidade e 30.000 en biomasa- mellorando así as condicións da outra empresa que tiña posibilidades de ser a adxudicataria, a empresa Serviocio. A empresa farase co servicio por un periodo de 4 anos prorrogable.
Na sesión abordaranse ademáis outros asustos como o contrato mediante renting (arrendametno con mantemento) de tres vehículos para o servizo da policía municipal e a solicitude para a declaración de Festa do Choco como “Festa de Interese Turístico”. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará