Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os cargadeiros de mineral en Rande sorprenden aos estudantes redondeláns

RR_Noticias

Alumnos dos institutos de Redondela está a participar esta semana de diferentes saídas didácticas organizadas dentro do proxecto “Mar, traballo e patrimonio. Descobre a Enseada de San Simón” promovido dende o Concello, financiado polo Grupo de Acción Costeira e coordinado pola cooperativa Trespés.

Unhas saídas que permiten aos rapaces participantes coñecer a riqueza patrimonial e natural que se da na Enseada con visitas ao estreito de Rande e ao Museo Meirande. Tamén se achegan á lonxa de Cesantes onde a  presidenta da agrupación das mariscadoras lles explica o traballo que desenvolven no mar. Son estudantes de 3º e 4º da ESO dos institutos San Simón, Chapela e Mendiño os que están a gozar destas actividades que lles permiten coñecer de primeira man o patrimonio industrial e conserveiro da zona, con visitas ao Museo Meirande para percorrer as salas dedicadas á conserveira Boyé, popularmente coñecida como a Fábrica do Alemán. Sara Miñán, alumna do Instituto San Simón salientaba o positivo destas visitas que lles permiten coñecer “a enorme historia que agocha a enseada” así como a Aula de Interpretación da Batalla de Rande. Por outra banda, Bruno Alonso amosaba a súa satisfacción por participar das visitas que segundo explica “lle serven aos estudantes para coñecer o patrimonio que temos ao lado da casa”. Un patrimonio industrial como os cargadeiros de mineral, que malia sernos familiar por ter convivido con el durante toda a nosa vida, as veces descoñecemos cal era o seu uso ou a súa orixe. Así o explicaba outra das rapazas participantes na visita, Iria Ocampo quen de pequena se bañaba no areal de Cabanas pero que foi gracias a estas visitas cando descubriu para que servían esas instalacións. Dende Trespés lembran que estas actividades está apoiadas en diferentes unidades didácticas que se poden descargar da páxina web www.martraballoepatrimonio.com, onde poden atopar toda a información referente ao proxecto.  

Paulo Jablonki Trespés
Dende a Cooperativa Trespés explican o obxectivo das saídas didácticas
Sara MIñán
Esta alumna explicaba que unha das cousas que máis lle sorprendeu foron as máquinas da antiga fábrica do Alemán
Bruno Alonso
Enende que o máis imporantte da actividade é que permite coñecer o patrimonio que temos ao lado da casa
Iria Ocampo
Gustou de coñecer para que se empregaban os cargadeiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará