Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación inviste 28.000 euros na reforma do Colexio Outeiro das Penas de Cesantes

RR_Noticias

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcalde, Javier Bas, realizou esta mañá unha visita ao centro para coñecer de primeira man as obras que se están a realizar consistentes na reparación da estrutura do ximnasio e na construción dun aseo adaptado para persoas con discapacidade. No Concello, o departamento de Educación está investindo neste ano máis de 85.000 euros en reformas e melloras en 5 colexios de infantil e primaria.

Acompañada polo alcalde, Javier Bas e a directora do colexio, María Dolores Montes, a responsable da Administración autonómica na área viguesa coñeceu o centro educativo, que conta con 240 alumnos e alumnas inscritos -78 en Educación Infantil e 162 en Primaria- e destaca por ser un centro plurilingüe, contar cun auxiliar de conversa e ter dúas aulas dixitais. Ademais, ten asinado un contrato-programa coa Consellería de Cultura na modalidade de mellora da lectura, da escritura e do cálculo. Dentro das súas actividades, desenvolve tamén un blog de dinamización lingüística baixo o nome de “O outeiro de Matilda” que se fai dende a biblioteca do colexio.
En canto a reforma que nestes momentos está a executar o departamento de Educación no centro educativo, Bravo Bosch explicou que “é un investimento moi importante e necesario para reparar as deficiencias que existían no ximnasio ademais de adaptarse á normativa”. En concreto, o custe da actuación é e 27.167,39 euros.
Máis melloras
A Xunta de Galicia ten tramitadas para este ano obras cun investimento superior aos 85.000 euros en 5 centros educativos de infantil e primaria do Concello de Redondela. Concretamente, ademais do CEIP Outeiro das Penas, estase a executar tamén unha actuación no CEIP Cedeira (11.639,81 euros) para a reforma da instalación eléctrica e arranxo de deficiencias do pararraios; outra no CEIP Laredo (1.371,51 euros) para a instalación do pararraios; no CEIP Quintela (27.330,59 euros) para reformar a instalación eléctrica e arranxar o pararraios e, por último, no CEIP Santo Paio de Abaixo (17.731,59 euros) para a renovación da rede de evacuación de residuais.
Por outra banda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta  cunha previsión de investimento superior aos 62.000 euros para outras dúas actuacións doutros dous centros educativos do municipio, concretamente para o CEIP Santa Mariña e para o IES Pedro Floriani.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará