Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela, sen marxe de erro

RR_Noticias

A derrota diante do Cinco Jota Lavadores por 29-22 complica a situación dos de Fran Teixeira, que se manteñen na segunda praza do grupo pero só cun punto de vantaxe sobre o terceiro clasificado, o At. Novás. Na próxima xornada xogan no pabillón do Cisne. Derrota tamén da SAR co Granitos, que perde as súas opcións de facerse co título.

Balonmán Primeira Nacional
Cinco Jotas 29-22 Solla&Cía
A primeira parte do encontro foi do equipo de Chapela, pero no segundo tempo a boa defensa dos vigueses, xunto coa actuación do seu porteiro, permitiu ós locais darlle a volta ó marcador e tomar vantaxe. Agora os de Fran Teixeira teñen que afrontar as dúas xornadas que resta de liga sen marcha de erro para manter a segunda praza que dá o pase á fase de ascenso. A primeira das finais será no pavillón do Cisne.
Primeira Autonómica

Granitos 29-25 SAR
A vitoria do Granitos deixa sen opcións de título ó equipo redondelán, que con todo mantén a súa segunda praza para participar na fase de ascenso, clasificación que xa tiña garantida desde a xornada anterior. A despedida desta fase será a próxima fin de semana en Redondela diante do Rasoeiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará